sábado, 28 de fevereiro de 2009

CO-dif[ai] me

Um deica logo despedía a um ola, trazando umha feble corrente entrámbolos dous pro sen deijar-se engaiolar onde rematam tudo este tipo de verbas incoherentes. Foi rápido, moito máis rápido do que puideramos imaginar, pro queimámo-lo tudo, de seguro. Foi coma a carreira dumha mecha e dum cigarrilho. Tam raudo e crú que nem che quece o feito de pensalo.

Despois de separármo-nos, o espazo que ocupabamos bota-nos em falta, chorando queijumes de transparentes laídos, moi moi em silenzo... e quedo. Embora disque agarda, que nom se move... que nom come, nem durme, nem fai coussa distinta que desejar ser ti, ou eu, e xuntar-se de novo... que coissas que fai o tempo!

Acender, acceder, aparecer, imaxinar, voltar, agarimar, agardar, apurar, desaparecer, extranhar, apagar... nom é tam só umha ilussóm... ao outro lado da luz nom há rem, assim que nom preguntes porque a acendo tam de seguida... inda estando ao meu caróm, a escuras, nom che sinto igoal...

Nenhum comentário: