domingo, 19 de setembro de 2010

Da Apocalipse ao Xénese

Da Apocalipse ao Xénese.Dende eiquí non se pecha un ciclo pra dar paso ao seguinte. Segue a vira-la espiral, hacia dentro e hacia fóra. O espríto anéxase máis que nunca ao ser.

Non há deus. Non há libertade. O único certo que tenho embora é umha copa de johnnie walker - cola, um paquete de tabaco de liar, papel, mailos meus dedos pra facer todo posíbel (inque só sexa mediante verbas).



Agardo non ter que ver-vos no inferno.

domingo, 4 de julho de 2010

AB7505



O mellor de non saber que facerlle é que un dispón de moito tempo libre

sábado, 24 de outubro de 2009

Morto, o amor, sabe igoal co fracasso... e ámbolos dous gostamos do verbo fracassar...

sábado, 10 de outubro de 2009

Just god knows

E se cadra penso en frío... cavilando coma um vento inesplicábel que arrasa o ciclóm...

Quebrar as barreiras do som, ir, tambores repiqueteando a fim do mundo, mergulharse no teu corpo espido, saír do tornado e morder umha boa bocanada d'aire que che encha os pulmós, mirar aos corazóns que poida haber ao nosso caróm e, coma um lóstrego, rachar os malos destinos nos que ficarom as nossas espranzas malpocadas... ver-che endiante... sorrir...

Liscou a caleidoscópica estrela que de mal xeito guiaba o nosso todo-fezer. Ranha o sol no branco ceo. As notas que os nossos sorrissos producem ficam pendurados no segundo que transformamo-lo querer no poder. E desculpa, coma sempre. Sabes que som necessidades que se fam especiaes.

Tam só se achegaba a hora dazasete e as ás que nos ficabam por estirar agralharom tacha-lo ceo de escuro, de nubes e choiva... e, se cadra, firmará um astro que nom deijará de brilar...

Se cadra cólho-o todo, se cadra só fico cum mal sabor de boca, se cadra comportarse coma umha onda do mar semelha máis doado que ponherse de xeonlhos debaijo umha lúa que nom cega... e, total! Coido que inda che é cedo de ler as minhas entranhas... mais tudo chega... chega...

Odio ter goteras porén dentro quamdo tu nom estás preto... e penso em frío...

domingo, 20 de setembro de 2009

Seica ule doce...

E saber que hoje voltei bailar passeninho coa lúa, que ficamos sós sem dios quer saber por que, e que cavilei em ti em cada passo que daba, pois saberás que nom é doado seguirlhe o compás as estrelas de tanto brilar, coma centos de alfinetes que assubiam sem senso ao tom dumha lúa preguiceira que se move ao seu único som.

E saber que eu som o sol da túa lúa, que nem bailo nem pido nem choro beijos que sei que chegarám sem prisa, mais de cotío virám. Nem o ceo nem a terra mos agasalhará, mais alí estarám sem preguntar. Que som a túa nota desafinada pro teu compás, maila túa cicatriz do teu quevirá. Nube, silenzo, vomitona sem vomitar pro teu absurdo. Basta já! Abonda coas tuas micadas e volta-te adulto que nom che aturo máis!

E-lo sol que, sem chorar, bico obtém; bem certo é. E-la nota que destaca na minha mel de soms sem arrafulha-la melodía; abofé. Rendas meus sensos e cansa-lo meu ser num vaivém de movementos que realizas com desdém, apenas percatándo-te da profundidade que obtés...

Abonda cona! Estou cansa! Deija de lado issa tuda túa proeza

Abonda, tudo isto nom é coissa nova que ouver. Inda com tuda ista panacea na minha fantasía atópo-che que nom é doado viver.



...falta motio pro parque d'atraciós...?

quinta-feira, 27 de agosto de 2009

Ventos do nordés estám a voltar

Embora sim. Embora volta a folha. Golpea com forza de novo o meu senso em tudo ser. Por sete caminhos chegarei de novo a isse paraísso guiado pelas estrelas, á cibdade santa. Clávanse-me milleiros de alfinetes nas costas, erguendo até o meu derradeiro cavelo.

Ouve a cantiga das gaitas que de volta pronto estou...

Aubea o lobo dende as altas e escuras montanhas cubertas de néboa namentras soa á máis fermossa das foliadas na praia... colho a folha do lisco na minha noite de Sam João perante cos carbalhos bruan na sagra branca lúa... Quente! Sangra! Lúa! Herva prenhadeira pro orbalho da fremossura!

Ouve, a cantiga das gaitas, que de volta pronto estou...

Assubiarám centos de muínhos mailos seus aturuxos nos meus sonhos de volta... de socato... pronto...

Ouve, a cantiga das gaitas, que de volta pronto estou!!

sexta-feira, 7 de agosto de 2009

Schwarz auf Weiss

Precisso entrar urxentemente na túa natureza de tectónicos sentimentos... olhar-me nos teus olhos largo e tendido, empapar abuntantemente os meus beizos na túa pel, escoita-la túa cristalina voz ao meu caróm, saborea-la tua língoa de marmelo tam lentamente que tódolos reloxios se cansem e digam basta...

Dianhos... nom me chega o momento de sacudírmo-nos bem tuda esta distancia que nos empapa e malamente me deija respirar.